O Concello instala sinais para advertir aos condutores da presenza de colonias felinas
A Concellaría de Benestar Animal vén de instalar uns sinais para pedirlles precaución aos condutores en zonas nas que é frecuente o paso de animais, máis en concreto de gatos e de parrulos. Estes novos elementos foron colocados en puntos da cidade nos que existen colonias felinas, e tamén no contorno do Auditorio de Galicia. …




