A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións veciñais de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral. Estas axudas contan cun orzamento de 100.000 euros, ampliable, segundo explicou o alcalde Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, ata os 150.000 euros. …










