A Xunta de Goberno adxudica a redacción do proxecto das obras de iluminación da praza das Praterías e a construción dun parque infantil en Berdía
A voceira do executivo local, Míriam Louzao, deu conta en rolda de prensa dos principais asuntos aprobados na sesión ordinaria da Xunta de Goberno, entre os que salientou a dación de conta da firmeza da sentenza referente ao recurso contencioso que presentou a Asociación Unión Hotelera contra a ordenanza reguladora do imposto ás estadías turísticas. …










