A Xunta adxudica por case 150.000 euros as obras da nova senda entre A Ponte e Santa Cataliña, no concello de Santa Comba
― O novo itinerario habilitarase ao longo de 450 metros da estrada AC-404 co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e favorecer a mobilidade a pé dos veciños ― A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar os traballos a principios de 2023 para telos rematados na primavera, xa que contan cun prazo de execución …