A Consellaría de Educación dá un paso atrás e manterá o itinerario de Letras no CPI San Sadurniño
Unhas 60 persoas entre alumnado, nais e pais, profesorado do CPI de San Sadurniño e representantes municipais concentráronse hoxe nas inmediacións do centro de ensino para protestaren pola decisión da Consellaría de Educación de suspender o itinerario de Letras en 4º da ESO ao non acadarse o número mínimo de 5 matrículas para formar grupo. …




