San Sadurniño participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Elixidas”, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e a Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde
Alcaldesas e concelleiras dunha ducia municipios galegos participarán este xoves e venres na cidade caboverdiana de Praia no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “As Elixidas”, que reunirá a máis de 130 alcaldesas e concelleiras de Cabo Verde, Mozambique e Galicia. A finalidade do encontro é fomentar a participación efectiva das mulleres no poder local …










