A exposición fotográfica “Os Camiños de Carlos Casares” pecha percorrido en San Sadurniño, onde permanecerá ata fin de mes
O fotógrafo Xurxo Lobato e Håkan Casares, fillo do escritor, abriron onte a mostra sobre os espazos vitais e literarios do escritor promovida pola Fundación Carlos Casares dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia A Fundación Carlos Casares, no marco de actividades desenvolvidas durante a 3ª xeira do programa O teu Xacobeo …








