O Concello de San Sadurniño destinará os 72.812 € do Plan de camiños da AGADER ao aglomerado e asfaltado na zona da Abelleira e Racamonde
Na zona tamén se investirán outros 74.400 euros en reparacións viarias financiadas pola Deputación O Diario Oficial de Galicia publicou a principios deste mes de marzo o reparto dos fondos do Plan de mellora de camiños rurais 2023-24 da AGADER. A San Sadurniño correspondéronlle preto de 73.000 euros de achega que se destinarán a continuar …








