San Sadurniño mellorará a eficiencia enerxética do ximnasio municipal cunha achega do Fondo de Cooperación Local adicional
O Concello de San Sadurniño ten en fase de licitación pública as obras de mellora da eficiencia enerxética do ximnasio municipal, orzamentadas en cerca de 56.000 euros. Os traballos centraranse na reparación da envolvente do edificio e no cambio do sistema de calefacción, coa finalidade de evitar as perdas que repercuten negativamente nos consumos das …









