O Concello de Mondariz interésase polo sistema de recollida do lixo porta por porta implantado en San Sadurniño
Unha delegación do equipo de goberno do Concello de Mondariz visitou esta mañá San Sadurniño para coñecer máis de preto o sistema de recollida do lixo porta por porta que a administración local puxo en marcha nas parroquias de Ferreira, Igrexafeita e Naraío. Encabezada polo seu alcalde, Xoán Carlos Montes, a representación do municipio pontevedrés …






