San Sadurniño mantén aberto ata este venres o prazo para inscribirse nos obradoiros de memoria activa que se desenvolverán polas parroquias
O cerebro é un órgano vivo que se pode e se debe exercitar para mantelo en forma, e máis aínda cando chegamos a unha idade onde temos algún que outro esquecemento ou despiste. A actividade física, os xogos cognitivos -encrucillados, sudokus, crebacabezas, etc.- e incluso parolar son maneiras de termos a cabeza entretida e esperta. …