63 pilotos participan na Bumpers Indoor Race desta fin de semana no pavillón municipal
San Sadurniño convértese por sexto ano consecutivo na capital das carreiras de coches a escala coa celebración da Bumpers Indoor Race. Trátase dunha competición na que se miden pequenos bólidos eléctricos radiocontrolados distribuídos en tres categorías: coches de tracción traseira escala 1/10, coches con tracción ás catro rodas tamén 1/10 e vehículos “short course”. …






