San Sadurniño ofrece apoio ao tecido produtivo local con accións de dinamización e axudas “indirectas” que non entren en conflito coas da Xunta ou o Estado
Quince empresas e persoas autónomas de distintos sectores acudiron na tarde deste luns ao chamamento municipal para falaren da maneira en que lles afectou e lles afecta a crise sanitaria e tamén sobre as fórmulas de colaboración que poderían impulsarse desde o Concello para minimizar os seus efectos. A xuntanza propúxose “para escoitar” as …






