O Auditorio de Ribeira dará cabida a un espectáculo circense coas actuacións de asSircópatas e Rilo & Penadique
O Auditorio Municipal de Ribeira será escenario o vindeiro domingo 11 de outubro ás 18 horas dun espectáculo circense de Pistactiva coa participación de asSircópatas e de Rilo & Penadique. Para poder asistir é imprescindible reserva previa escribindo un correo electrónico co nome, apelidos, teléfono e calidade de convivintes a culturaefestexos@ribeira.com. A entrada é gratuíta.








