O concello de Ribeira adquirirá dous drons para vixiar posibles aglomeracións nas praias, lumes forestais e outros labores
A Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 acordou no día de hoxe realizar as xestións oportunas para a adquisición de dous drons coa fin de desempeñar diversas funcións de interese municipal: entre elas, controlar que non se produza aglomeracións nas praias, así como vixiar os montes ante posibles lumes forestais ou buscar persoas desaparecidas. …




