Monday 23 de November de 2026

Riveira

  • Accidente de tráfico cunha persoa atrapada en Oleiros, no concello de Ribeira

    Accidente de tráfico cunha persoa atrapada en Oleiros, no concello de Ribeira

    Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron pasadas as 12:00 horas desta mañá nun operativo provocado por un accidente de tráfico en Oleiros, no concello de Ribeira. A incidencia tivo lugar na AC-550 e implicou a tres vehículos, sendo preciso que unha persoa ocupante dun dos turismos tivese que ser liberada do interior deste …

  • Comida Club de Xubilados de Aguiño e Carreira

    Comida Club de Xubilados de Aguiño e Carreira

    No acto estiveron o alcalde de Ribeira, o tenente alcalde, a concelleira de Educación e os concelleiros de Sanidade e Mar. O tenente de alcalde destacou o labor das persoas maiores na construción da parroquia e reafirmou o compromiso do Concello para mellorar a súa calidade de vida. Durante o encontro, o alcalde expresou o …

  • Xornada de Educación Canina na Casa da Xuventude

    Xornada de Educación Canina na Casa da Xuventude

    Ribeira conta cunha gran cantidade de mascotas caninas e para que toda a veciñanza interesada en mellorar a educación e condutas dos cans, realízase esta xornada de balde a cargo da asociación Peludonia. Hoxe presentouse nas instalacións da Casa da Xuventude, onde se vai a impartir a xornada, estas xornadas da man da concelleira de …

  • Ribeira inicia a I edición de “Salmoira Festival Mural”

    Ribeira inicia a I edición de “Salmoira Festival Mural”

    Auga saturada de sal, particularmente aquela en que se conservan carnes, peixes e outros alimentos, este elemento foi crucial para o desenvolvemento de Ribeira a finais do século XIX e con iso a súa pegada na arquitectura, os almacéns e as fábricas de salgadura deseñaron a fachada marítima de Ribeira, onde hoxe se aprecian edificios …

  • Incendio nunha vivenda na avenida do Malecón, no concello de Ribeira

    Incendio nunha vivenda na avenida do Malecón, no concello de Ribeira

    Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira e de Boiro participaron esta madrugada, arredor das 3:40 horas, nun incendio que afectou a un cuarto piso na avenida do Malecón, no concello de Ribeira. Os bombeiros provinciais conseguiron entrar á vivenda pola entrada principal despois de refrixerar a zona desde o exterior, xa que nun primeiro …

  • Obradoiro de BD este sábado ás 12.00 h no Lustres Rivas

    Obradoiro de BD este sábado ás 12.00 h no Lustres Rivas

    Este sábado 16 de novembro ás 12.00 h volvemos ter actividade no Lustres Rivas para as persoas máis pequenas da casa. FalaRedes trae a Ribeira un obradoiro de banda deseñada!!!! Con Inés Vázquez imos aprender a crear personaxes, e contar historias coas imaxes que nós queiramos. Nun ambiente de traballo ameno, apoiado ademais con proxección …

  • O Concello de Ribeira regulará os espazos de parada nas rúas Rosalía de Castro e Lugo

    O Concello de Ribeira regulará os espazos de parada nas rúas Rosalía de Castro e Lugo

    O Concello de Ribeira anuncia a regulación dos espazos de parada temporal na rúa Rosalía de Castro e a rúa de Lugo. Esta medida, deseñada pola Policía Local ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e facilitar o acceso aos comercios locais. A medida foi acordada cos comerciantes da zona, mostrándose satisfeitos tras unha reunión …

  • “Ribeira Composta” repartirá 300 composteiros entre a veciñanza que o solicite

    “Ribeira Composta” repartirá 300 composteiros entre a veciñanza que o solicite

    A concelleira de Medio Rural, Tania Redondo, e a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, presentaron esta mañá unha iniciativa para mellorar a xestión dos residuos orgánicos nas parroquias para o cal se van repartir 300 composteiros para á veciñanza que os solicite e queira participar do programa de compostaxe. Esta acción está enmarcada no …

  • A parada de taxis de Ribeira situarase diante da estación de autobuses Ribeira 11 de novembro

    A parada de taxis de Ribeira situarase diante da estación de autobuses Ribeira 11 de novembro

    O Concello de Ribeira informa á cidadanía do cambio de localización da parada de taxis municipal. Dende este mesmo luns 11 de novembro, o servizo de taxis trasládase da súa localización actual na rúa Otero Pedrayo á praza Heroínas de Sálvora, fronte á estación de autobuses, dende onde se prestarán os servizos a partir de …

  • A veciñanza de Aguiño pide médicos a tempo completo

    A veciñanza de Aguiño pide médicos a tempo completo

    A veciñanza de Aguiño mobilizouse un venres máis para demandar a cobertura completa de profesionais médicos no centro de saúde da parroquia. Membros do equipo de goberno municipal estiveron respaldando a concentración convocada dende a Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza, para denunciar a falta de persoal médico e a situación de precariedade na que …