O Concello e a Subdelegación coordinan o dispositivo de seguridade e emerxencias do Nazareno de 2023
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, copresidiron neste 8 de setembro unha xunta local de seguridade con motivo das festas do Nazareno. O rexedor detallou o amplo dispositivo artellado, principalmente, cara á procesión votiva das mortallas, co obxectivo de que transcorra sen incidentes. …










