Estudantado do IES aproximouse á arquitectura popular da Pobra
O núcleo urbano da Pobra do Caramiñal converteuse na mañá deste 19 de decembro en aula a ceo aberto na que unha trintena de estudantes do proxecto competencial de 4° da ESO do instituto aprenderon sobre arquitectura tradicional. Da man do director do Museo-Valle-Inclán, Antonio González, descubriron a evolución do centro e as distintas tipoloxías …










