O Verán Cultural da Pobra trae espectáculo, teatro e música na cuarta semana do mes de xullo
Catro citas lúdicas desenvolveranse na Pobra do Caramiñal nos vindeiros días ao abeiro da programación do Verán Cultural impulsado pola Concellaría da Cultura. “Seguimos dinamizando a localidade con propostas culturais concibidas, maioritariamente, ao aire libre. E se algo podemos destacar da cuarta semana do mes de xullo é o importante papel que xogará aquí o …









