O público pobrense mergullouse na historia de Las tribulaciones de Bruno Lamas
Finais da década dos 70. Un xornalista dun importante diario da Coruña. Unha colaboración coa Brigada Político-Social, a policía do réxime franquista, que xorde do azar. Bruno Lamas é o personaxe ficticio que protagoniza a nova obra de Juan Galán. Nun cento de páxinas relátase a historia dun antiheroe golpeado polo destino e decisións desacertadas. …