Suspéndense os actos finais das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán en solidariedade con Albacete e Valencia
O Concello da Pobra do Caramiñal suspende a ofrenda cívica e o plantado da camelia, previstos para hoxe como broche final ás XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, como mostra de solidariedade con Albacete e Valencia, gravemente afectados por un temporal. A Administración local súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) …








