Como concello adherido ó Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía comezámo-lo noso percorrido para conseguirmos un concello comprometido co medio ambiente e un mellor lugar para tódalas persoas
A Pobra do Caramiñal é un dos 216 concellos galegos adheridos ó Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía, o maior movemento mundial contra o cambio climático. A Comisión Europea puxo en marcha esta iniciativa en 2008 co obxectivo de involucra-las autoridades locais e a cidadanía no desenvolvemento e a aplicación da política …


