Máis dun cento de atletas daranse cita no Campionato de Galicia de Marcha en Ruta
O municipio pobrense converterase neste 8 de maio en sede do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta organizado pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira dos Deportes, …







