Acto reivindicativo de apoio á hostalería e outros sectores económicos da vila
1. O xoves 3 de xuño procederase a unha concentración ao longo da estrada AC-305, ao seu paso dende a rotonda da estación de autobuses ata o cruce coa rúa Venecia, incluíndo a rúa Díaz de Rábago, rúa da Paz e rúa Gasset. Terá unha duración de media hora, dende as 12:00 ás 12:30 horas. …










