Unha persoa ferida tras un accidente de tráfico na AG-11, ao seu paso pola Pobra do Caramiñal
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira foron solicitados esta tarde por un accidente de tráfico no quilómetro 33 da AG-11, ao seu paso polo concello da Pobra do Caramiñal, resultando ferida leva unha persoa. Participaron Policía Local, Garda Civil, 061 e persoal de mantemento de estradas.










