O Concello da Pobra mellora os espazos cardioprotexidos da localidade
A Pobra do Caramiñal conta con novos desfibriladores nos 8 espazos cardioprotexidos da localidade: sete fixos en instalacións deportivas e edificios públicos (pavillón da Tomada, polideportivo de Venecia, estadio da Alta, campo de fútbol de Cadreche, edificio de usos náuticos, casa consistorial e praza de abastos) e un móbil nun dos vehículos da Policía local. …










