Máis de 700 persoas sentan á mesa no Xantar de Confraternidade da Pobra
O Concello da Pobra do Caramiñal celebra neste mediodía o Xantar de Confraternidade coa participación de máis de 700 comensais procedentes de distintos municipios. Un evento festivo dirixido ás persoas maiores de 60 anos que regresa á localidade trala paréntese ocasionada pola pandemia e que ten como punto de encontro o polideportivo municipal de Venecia. …









