O Concello apoia con 25.000 euros a actividade da Confraría de Pescadores de Espasante
· A través desta dotación, o Consistorio busca promocionar e dinamizar as actuacións que leva a cabo esta entidade do sector pesqueiro e mariñeiro do municipio. · Esta axuda poderá ser utilizada para financiar estudos sobre melloras produtivas e xestión dos novos recursos mariños, formacións, campañas de divulgación e gastos de mantemento de instalacións, equipamento …





