O PSOE de Ordes solicita o arranxo de varias pistas no municipio e unha maior vixilancia policial nas rúas
O PSOE de Ordes solicitará na sesión plenaria de xoves o arranxo da pista do Fruxil, na Brea (Mesón do Vento), así como a roza e limpeza da calzada da marxe esquerda da prolongación da Rúa dos Lagartos, en dirección á estrada Ordes-Lanzá, por unha cuestión de seguridade dos peóns que circulan por este camiño. …