Cortes de tráfico nas rúas Campo do Souto, Atochas e Rúa da Vila polas obras de pavimentación
As obras de mellora que se están a executar nas rúas Campo do Souto, Atochas e da Vila avanzan esta semana cos traballos de pavimentación da calzada, que obrigarán a realizar cortes totais de tráfico nas 3 vías afectadas. Os asfaltados comezaron hoxe pola rúa Campo do Souto e continuarán mañá venres na rúa Atochas. …







