O BNG de Oleiros pregunta no pleno de marzo ao Goberno Local por que non foi elixida a figura dunha muller para a estatua erixida en homenaxe a mestras e mestres
Preguntamos asemade polas recentes cortas de salgueiros de gran porte no Colexio Valle Inclán o pasado 16 de marzo Dentro dos obxectivos das políticas municipais de igualdade está o de dar visibilidade a referentes femininos e aportar esa mesma visibilidade á muller no ámbito urbano municipal, ambos os dous previstos no II Plano de Igualdade, …








