Ana López presenta o seu poemario Territorio baleiro, o xoves nas Torres
Ana López presentará este xoves 19 de outubro o seu poemario Territorio baleiro. Será ás 19.00 horas no teatro As Torres de Santa Cruz. No acto tamén intervirá a poeta Olga Patiño. Territorio baleiro é un poemario que pretende interpretar os acontecementos que nos rodean desde os sentimentos; testemuñas e vítimas, causas e efectos, expedicionarios …


