O Concello pon en marcha un servizo informativo web para os familiares das persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar
Proximamente, o Concello facilitará a dimensión informativa deste servizo cunha xanela virtual na que as persoas usuarias ou as súas familias poderán consultar os principais datos desta ferramenta indispensable para moitas persoas dependentes. Quen utilice este servizo poderá consultar en directo a planificación actual, pasada e futura dos servizos, detallada por días de atención, horario …




