O BNG de Oleiros amosa a súa preocupación polo estado das obras no Sol Y Mar con continuos atrasos, filtracións da auga, pasos de peóns raquíticos, beirarrúas cativas, cascallos na vía pública e asolagamentos
Membros da formación nacionalista reuníronse esta quinta feira con veciñas e comerciantes da zona, sendo acompañados por un representante da Plataforma para a humanización da Avenida das Mariñas, para coñecer de primeira mao a situación Iván Roca, concelleiro do BNG en Oleiros: “Após case 20 anos de idas e vidas coas infraestruturas e obras no …



