O recoñecemento do marisqueo a pé como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO poñerá en valor o traballo da muller na ría de Muros-Noia e en Chile
A presidenta da Corporación Nacional de Mujeres na Pesca Artesanal de Chile foi recibida esta mañá polo alcalde de Noia “Que a recolección de beira e o marisqueo a pé sexan recoñecidas como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO supoñería un recoñecemento do traballo da muller, un patrimonio que se pasa de xeración a xeración e …









