Neda proxecta este mércores “Lo que queda de ti” dentro do IX Ciclo nacional Cine y Mujeres Rurales
A Casa da Cultura de Neda acolle este mércores, 21 de outubro, a proxección do filme “Lo que queda de ti”. Trátase da primeira das dúas películas do IX Ciclo nacional Cine y Mujeres Rurales, que impulsa o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que se poderán ver na vila na segunda quincena de outubro. …










