Neda abre inscricións nun cursiño para persoas que coidan de familiares con alzhéimer e outras demencias
O Concello de Neda programa na primeira semana de decembro dúas charlas de formación especializada en alzhéimer e outras demencias. Trátase dunha iniciativa, impulsada por Afal Ferrolterra e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, para detectar síntomas temperás desta enfermidade, e aprender técnicas de apoio para a autonomía das persoas afectadas. Para participar …










