O Concello abrirá mañá o prazo de inscrición nun curso de Fontanería
A concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convoca un curso de Fontanería a través do Programa Municipal de Formación. A convocatoria diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, que non teñan concedido outro curso do programa municipal de formación coincidente temporalmente na realización, entre outros requisitos. …







