A alcaldesa recibiu no Concello ao naronés Iago Fuertes, campión do mundo coa selección española de pádel
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, ao naronés Iago Fuertes, campión do mundo coa selección española de pádel de menores. Fuertes, do club de pádel San Mateo, desprazouse recentemente á cidade de Asunción, en Paraguay, para participar neste evento deportivo, sobre o que conversou coa rexedora local …