Recollida de sinaturas mañá xunto ao centro de saúde en apoio á ILP promovida pola plataforma SOS Sanidade Pública
O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, informou que mañá pola tarde, de 19.30 a 21.00 horas, instalarase xunto ao centro de saúde unha mesa para recoller sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública. O edil recordou que no pleno do pasado mes de setembro aprobouse unha moción presentada …









