A praza da Gándara acollerá mañá unha “performance” organizada en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O Concello desenvolve este mes un obradoiro en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que terá mañá o seu broche final cunha performance programada na praza da Gándara ás 12.30 horas. A edil de Benestar Social, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha proposta centrada na sensibilización sobre a sustentabilidade vencellada coa auga. …







