Moeche reedita en xullo e agosto o campamento de verán Sementeira, que oferta un total de 30 prazas
Sementeira é o nome do campamento de verán que organiza o Concello para as nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Este ano o fío condutor da actividade será “A vida nas nosas vilas e aldeas”. A rapazada fará obradoiros de artesanía, xogará na piscina, asistirá a sesións de contacontos, visitará unha granxa, …





