A Deputación cofinanciará con 50.000 euros a renovación dos contidos expositivos do castelo de Moeche
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, rubricaron recentemente un convenio de colaboración entre ámbalas Administracións coa finalidade de potenciar o castelo de Moeche como recurso turístico comarcal e provincial. Malia ser xa un dos principais atractivos da zona, a fortaleza acusa o paso do tempo nos …






