O Concello de Miño comeza a construción dun corredor peonil en Viadeiro (Castro) para a seguridade de veciños e peregrinos
Terá máis de 300 metros de lonxitude e tamén comunicará o local social co núcleo de Viadeiro. O Concello de Miño iniciou hoxe os traballos para mellorar a seguridade dos viandantes entre o núcleo de Outeiro e Viadeiro, na parroquia de Castro, mediante a creación dun corredor peonil de máis de 300 metros de lonxitude …







