O Concello de Lousame terá ata final de ano dúas voluntarias europeas para actividades de turismo, maiores, conciliación e mocidade
Lousame incorpórase ao Programa de Voluntariado Europeo como entidade de acollida e de envío, á que poden dirixirse aqueles mozos e mozas da contorna que queiran solicitar un Servizo Voluntario Europeo A alcaldesa do Concello de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Xuventude, María Regenjo, deron hoxe a benvida a Anna Uvarova e Lucie …





