O pleno acorda aprobar a candidatura da Laracha a obter a distinción de “Cidade Amiga da infancia” por UNICEF
Tamén se aprobou a modificación de crédito necesaria para financiar obras de mellora da accesibilidade no parque empresarial e de instalación da iluminación na pista polideportiva que se está a construír en Paiosaco. Os tres grupos municipais acordaron por unanimidade no Pleno ordinario celebrado hoxe aprobar a candidatura do Concello da Laracha a ser recoñecido …