Trenor visita a Escola Infantil Cativos, que recibiu unha axuda de máis de 254.000€ para o seu funcionamento e para facer fronte á gratuidade de matrícula para segundos fillos e sucesivos
O delegado da Xunta na Coruña destacou o importante esforzo económico do Goberno galego para converterse nun referente na gratuidade da atención en educación infantil O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá a escola infantil de iniciativa social Cativos. Este centro recibiu unha axuda da Xunta de Galicia de máis de …









