A terceira charla da Escola de Hábitos Saudables abordará este venres os mitos sobre unha alimentación saudable
A Casa da Cultura de Fene acollerá este venres 15 de marzo, ás 12 horas, unha nova charla da “Escola de Hábitos Saudables” que organizan o Centro de Saúde de Fene e as Unidades de Apoio Nutricional de Atención Primaria en Ferrol, coa colaboración da Asociación Oncohematolóxica Por Máis Vida e do Concello de Fene. …










