A doutora en Xeoloxía Irene Pérez Cáceres aborda esta semana no ciclo Contando Ciencia a cuestión das terras raras
Co comezo do novo ano, retómase o V ciclo Contando Ciencia, programa que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. Faino este xoves, 15 de xaneiro, coa conferencia Terras raras: nin son terras nin son raras, a cargo de Irene Pérez Cáceres, doutora …







