As alegacións contra a pegada sonora do aeroporto terán que agardar a unha aprobación do Consello de Ministros
O Real Decreto de Servidumes Acústicas, Mapa de Ruído e Plan de Acción do aeroporto de Alvedro aprobarase proximamente polo Consello de Ministros. Será nese momento cando as persoas propietarias afectadas poderán presentar as súas alegacións, tanto á pegada sonora como as expropiacións de vivendas que se verían incluídas nas zonas de ampliación do aeroporto. …